Xs concelleirxs de Manifesto Miñor non asistirán ao Pleno Ordinario da Corporación Municipal de Gondomar

COMUNICADO DE MANIFESTO MIÑOR DIANTE DO PLENO ORDINARIO DA CORPORACION MUNICIPAL DE GONDOMAR DESTE XOVES, 2 DE MARZO DE 2017

Manifesto Miñor decidiu no seu día participar do Goberno Municipal de coalición de Gondomar, baixo a premisa, para nós fundamental, de traballar polo ben común e a favor das maiorías sociais. Tamén queriamos demostrar que, na práctica, os gobernos plurais son posibles e, sobre todo, necesarios. Isto quere dicir, entre outras cousas, que nós non viñemos nin a figurar, nin a quentar as cadeiras, nin moito menos a cobrar sen traballar.
Xa que logo, decidimos non participar no pleno de mañá, 2 de marzo, que leva como único asunto na orde do día una proposta que reclama da Xunta apoio aos Bolos Celtas, que, sen restarlle importancia, consideramos que non é urxente e que, en todo caso, podería ir como un asunto engadido. Cómpre dicir que a elaboración da orde do día do pleno é co
mpetencia exclusiva do alcalde, competencia que dende MM nunca cuestionamos.
Temos que dicir que o Regulamento de Participación Veciñal, desenvolvido polo noso compañeiro Xosé Antón Araúxo (responsable da área de Participación Cidadá neste goberno de coalición) e aprobado xa inicialmente en setembro do ano pasado, estaba listo para levar a pleno, incluso coa proposta asinada por el mesmo. Esta si era una proposta de contido e de interese xeral demandada dende hai anos polo movemento veciñal e asociativo de
Gondomar, e que agora terá que agardar a outro pleno para ser debatido e aprobado definitivamente.
Asistir ao pleno e facer o paripé de devolver os cartos, ademais de demagóxico, sería inxusto para xs nosxs concelleirxs que estarían perdendo cartos por ter que deixar de atender os seus traballos particulares.
Velaquí a coherencia de Manifes
to Miñor, que non é outra que traballar con rigor e seriedade polo ben común.

En Gondomar, a 1 de Marzo de 2017.
Grupo de Traballo Municipal de MM.

 

Velaí compartimos, tamén, a Orde do día.

Marzo 2nd, 2017

Etiquetas: ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *