Votación popular do I Concurso de Embelecemento de Balcóns/Ventás e Fachadas de Gondomar

concurso balcons e fachadas

Aberto o proceso de votación popular do I Concurso de Embelecemento de Balcóns/Ventás e Fachadas da Vila de Gondomar (2017). Os balcóns e fachadas xa están engalanados dende o día 10 de xullo de 2017 e deberán permanecer adornados ata o día 31 de xullo de 2017.

Comeza a fase da votación popular, recollida das bases, que suporá o 60% da valoración final de cada balcón participante. A votación popular estará aberta do 16 de xullo ao 31 de xullo de 2017. As votacións populares realizaranse mediante sistema telemático na páxina web do concello, www.concellodegondomar.gal. Cada persoa interesada en votar poderá facelo unha única vez.

Lémbrase que as bases do concurso recomendaban valorar os seguintes elementos: • Orixinalidade e creatividade da composición. • Calidade ornamental. • Harmonía do conxunto, deseño. • Laboriosidade. • Perdurabilidade. • Uso de materiais reutilizados en accesorios, tanto en ornamenta floral, coma non floral.

Entre as persoas votantes sortearase un premio que consistirá nunha cea para dúas persoas no carísmatico Árdora. O gañador ou a gañadora do sorteo será elixido ao chou por un software informático entre xs participantes.

 

A continuación deixamos as fotografáis das fachadas e balcóns que se presentaron ao concurso:

 

Xullo 19, 2017

Etiquetas: , , ,