Resposta ás declaracións do Partido Popular no Faro de Vigo de 27 de febreiro

Manifesto Miñorhttp://www.farodevigo.es/comarcas/2016/02/27/pp gondomar culpa gobierno derribos/

Dende o grupo municipal de Manifesto Miñor, e no meu propio nome, como responsable do urbanismo de Gondomar, lamentamos o posicionamento público do Partido Popular de Gondomar, quen prefire defender á Xunta e á APLU no canto de apoiar ás veciñas e aos veciños a quen lle van tirar a casa. A claridade sempre é de agradecer; e que digan publicamente a quen defenden tamén.

Que a estas alturas o PP de Gondomar pretenda dar leccións de ética ou de como xestionar o urbanismo municipal resulta, cando menos, incrible. Será que esqueceron no PP que foron os principais responsables dos maiores escándalos urbanísticos da historia do noso concello? O PP, como partido, e determinados personaxes que seguen nas súas filas son os responsables desta situación actual. Hai que ter memoria! Que agora veña o Sr. Guitián a esixir traballo neste asunto a quen está resolvendo o problema que eles crearon resulta unha broma de mal gusto e un insulto á intelixencia da veciñanza. Menos mal que xa tod@s saben perfectamente quen son os causantes da situación que hoxe vivimos no urbanismo de Gondomar. Ademais, nos seis meses que este concelleiro leva á fronte do urbanismo municipal, houbo catro veces máis xuntanzas con toda a corporación e coas organizacións veciñais para falar do PXOM que en todo o mandato do PP e do Sr Guitián.

Por que non aprobou o Sr. Guitián o PXOM no 2012 ou 2013 cando tiña maioría absoluta para facelo? O Sr. Guitián debería falar claro e dicir que nesa altura estaba máis preocupado reformando o PXOM do 2011 para aumentar o disparate dun modelo urbanístico caduco e, xa de paso, poñer a salvo a
promoción de seis chalés feita por el na Parroquia de Peitieiros e podelos así legalizar. O goberno do Partido Popular, presidido polo Sr. Guitián, non estaba entón para defender os intereses dos veciños e das veciñas @s que agora, a APLU (mangoneada polo PP), lles quere tirar a casa.

Febreiro 27th, 2016

Etiquetas: ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *