Proxecto de substitución de caldeiras nas instalacións municipais

biomasa

CAMBIO DAS CALDEIRAS DE GASÓLEO POR OUTRAS DE BIOMASA NAS INSTALACIÓNS MUNCIPAIS.

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Gondomar,  na súa aposta decidida polas enerxías limpas e renovábeis, vén de presentar dous proxectos en libre concorrencia ás subvencións que o Instituto Enerxético de Galicia (ING) publicitou por medio da RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, para os anos 2017-2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Os devandito proxectos consisten na substitución das caldeiras de gasóleo que actualmente alimentan os sistemas de calefacción das instalacións do CDL así como do propio edificio onde está situada a Concellaría de Urbanismo e Medio Ambiente, por outras de Biomasa (pellets).

Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores

Trátase de actuacións desenvolvidas ao abeiro das que a Xunta de Galicia ten encadradas no obxectivo temático 4 (favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores), na prioridade de investimento 1 (fomento da produción e distribución da enerxía derivada de fontes renovables) e no obxectivo específico 2 (aumentar a participación e distribución das enerxías renovables para usos térmicos, en particular a biomasa, biogás e biocombustibles para o transporte), en consonancia co Plan de enerxías renovables 2011-2020, referido a medidas de fomento das actividades asociadas ao ciclo de aproveitamento da biomasa térmica. O financiamento da convocatoria correspóndese con fondos comunitarios derivados do programa Galicia 2014-2020 Feder nun 80 % e co financiamento privado nun 20 %.

O uso térmico da biomasa pode representar para Galicia un gran xacemento de nova actividade, e por iso, a Xunta de Galicia entende que é preciso facer unha aposta firme e realista cara ao futuro materializándoa a través da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva. Por outra banda, o uso da biomasa en redes de distribución de enerxía térmica ofrecen vantaxes adicionais aos usos tradicionais, polo que é importante promovelas de forma específica.

Trátase de axudar dende o Concello a  transformar pouco a pouco un sistema de consumo enerxético non sustentable e altamente contaminate, pero, sobre todo a criar consciencia na cidadanía dende a Administración, de que é posíbel facelo predicando co exemplo.

En Gondomar, 28 de Abril de 2017.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente.

Deixar unha resposta