A oposición de Gondomar (CABE, PP e IxG) contra o progreso de Gondomar

As decisión de PP-CABE e independentes  pon en  grave perigo a chegada dos 16.300€ concedidos pola Deputación para a Guía Turística de Gondomar.

Unha vez máis a entente contra natura CABE-PP  e independentes tenta atrapallar a execución de proxectos que dinamicen o noso concello.

Hai pouco cortaron totalmente o suministro orzamentario á áreas tan sensible como os servizós sociais, agora persisten na estratexia da destrucción. Pretenden que Áreas como Deportes ou Comercio e Turismo queden afogadas sen poder executar  os seus proxectos, Prefiren que os cartos queden no escuro pozo dos remanentes antes que dean vida e vaían destinados á cidadanía.

Concretamente isto aconteceu, outra vez, nun área fundamental como motor dinamizador da economía que é a de Turismo e Comercio, que leva anémica de orzamento, cos seus escuálidos 6800€ anuais, dende os tempos do PP( temos orzamentos prorrogados).

Prefiren que os cartos queden no escuro pozo dos remanentes antes que vaían destinados á cidadanía

A pesares de que a tesouresía do  concello está en disposición de nutrir esta importante área de Turismo con 6835, 34€ para impresión dunha Guía de Turismo en tres idiomas, na que se resalta os grandes valores patrimoniais que temos, para poder proxectalos ao exterior…

A pesares de que temos preparadas 35 rutas de sendeirismo que cada vez teñen máis adeptos entre os turistas do Val Miñor e compre imprimilas …

A pesares de que todos os estudios de dinamización económica que temos no concello inciden na necesidade de potenciar os valores paisaxísticos, naturais e patrimoniais do concello de tal xeito que poidan ser visibilizados polos foráneos, e consigan atraer visitantes.

A pesares de todos os pesares a estratexia da obstrucción, da destucción, da parálise cega, da irresponsabilidade, da sin razón corta a posibilidade de crecemento do noso concello, e particularmente do tecido comercial ou da hostelería que son os potenciais beneficiarios deste tipo de inciativas.

Están arruinando a chegada de fondos de outras administracións, concretamente unha subvención da Deputación de  Pontevedra

Pero o máis grave do caso, e que con esta cega estratexia están tamén arruinando a chegada de fondos de outras administracións. Concretamente a Concellería de Comercio e Turismo e Comercio, tiña conseguida unha subvención da Deputación de  Pontevedra de  16.393,73€. E dicir que  a Deputación correría co 70% dos gastos da guía. Coa decisión de PP-CABE-Independentes, podemos perder estes cartos e, por tanto, o proxecto turístico.

Coa súa decisión tamén están estragando a posibilidade de acceder aos fondos europeos “Leader”

Por se non fose pouco o dano que causan, coa súa decisión tamén están estragando a posibilidade de acceder aos fondos europeos “Leader”, na que temos elaborado un proxecto  de 30.000€ que facilita a accesibilidade a persoas con mobilidade reducida, ou doutras discapacidades, a enclaves singulares do noso patrimonio.

Quizais do PP esperábamos esta estratexia destructiva, pero certamente era difícil imaxinar que ía atopar socios estables e consolidados en posicións política que se definen como antagónicas. A realidade demostra que lamentablemente coinciden e son o soporte das estratexias do PP con demasiada frecuencia. Na Área de Comercio e Turismo, sémella que teñen moita saudade das vellas políticas municipais que executaba o PP, mui próximas á “nada” e ao “conxunto vacío”.

Sería mellor que houbesen máis brazos remando na mesma dirección, pero toca seguir avanzando con ataduras nos pes

Por máis que o intenten impedir a dinamización destes sectores, vamos seguir traballando coa mesma ou maior ilusión, desenvolvento ideas, apoiando ao Turismo e ao Comercio. Sería mellor que houbesen máis brazos remando na mesma dirección, pero , de momento toca seguir avanzando con ataduras nos pes. Alá cada quen coa súa responsabilidade política e co seu compromiso con Gondomar.

Gondomar, 23 de novembro de 2017

O Concelleiro e comercio e turismo

Xosé Antón Araúxo Rodríguez

Novembro 23rd, 2017

Etiquetas:

Deixar unha resposta