O manifesto

Manifesto Miñor“Manifesto Val Miñor

POLA REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA DOS CONCELLOS DO VAL MIÑOR”

Nós, cidadáns e cidadás galegas, residentes nos concellos do Val Miñor, conscientes do enorme deterioro social, político e económico que estamos a sufrir como consecuencia das políticas de austeridade impostas dende as instancias económicas e políticas internacionais; conscientes das limitacións democráticas do réxime bipartito nacido na Transición; conscientes da renuncia por parte das institucións á defensa dos sectores máis agredidos e dos sectores produtivos….

Dende unha posición estritamente persoal, APELAMOS, á cidadanía, aos diversos movementos asociativos: sociais e culturais, así como ás formacións políticas democráticas, progresistas, de esquerda e /ou nacionalistas, a iniciar o dialogo necesario e urxente co fin de conseguir unha ampla alianza social e política para configurar CANDIDATURAS UNITARIAS co obxecto de:

  • Rexenerar a democracia nos tres concellos miñoranos para acabar coa corrupción sistémica nos concellos e a falla de transparencia.
  • Defender dende as instancias municipais aos sectores máis agredidos polas políticas de recortes e eliminación nas prestacións sociais, sanidade, ensino, cultura, lingua.
  • Impulsar políticas de ordenamento do territorio sometidas a criterios racionais e de respecto polo medio ambiente, polo patrimonio histórico.
  • Abrir os concellos do Val Miñor á participación cidadá, sen atrancos e coa transparencia como sinal de identidade.

Conscientes da situación de emerxencia na que nos atopamos, así como de que entre as instancias ás que apelamos hai máis puntos de encontro que de discrepancia e conscientes da necesidade imperiosa de retirar do poder municipal aos partidos do réxime, facemos este chamamento á CIDADANÍA miñorana.

Val Miñor, xullo de 2014

Xullo 19th, 2014

Deixar unha resposta