Nota aclaratoria a respecto das declaracións do Sr. Alcalde na prensa sobre o Regulamento de Participación Veciñal

A información que hoxe dá nos medios de comunicación o Alcalde de Gondomar (Ver nova do Faro de Vigo), segundo a cal o Regulamento de Participación Cidadá, que debería ter ido ao pleno de marzo, non foi por lle faltar os informes da Secretaría e da Intervención municipais, está errada. Cremos que o alcalde non leu a totalidade do expediente, pois nel figura o informe favorábel do secretario municipal con data 27 de xuño de 2016. A maiores diso, tamén consta no devandito expediente a proposta, asinada por min, para que a Comisión Informativa de Asuntos do Pleno ditaminase o regulamento, obviamente, supervisada pola Secretaría Xeral do Concello como é preceptivo e que non lle puxo pegas á mesma. Por último, cómpre dicir que o informe da interventora municipal non é necesario por non se tratar dun asunto de carácter económico. Con todo, nos alegrámonos de que vaia ao vindeiro pleno do mes de abril.

 

Gondomar, 4 de marzo de 2017

O concelleiro de participación cidadá

Xosé Antón Araúxo Rodríguez

 

Marzo 4th, 2017

Etiquetas: ,

Deixar unha resposta