Móllate polos Ríos (2017)

Voluntarios retiran lixo dos ríos

Vén coñecelo, recuperar a súa identidade, DEFENDELO !!!

Do 25 Setembro ao 1 de Octubro

Exposición

“Unha invasión silenciosa: A biodiversidade baixo ameaza”

Toda a semana no IEM

Conferencia

“A guerra dos mundos: O Rio Miñor, unha historia de invasión”. A cargo de Luis González Rodríguez, profesor da Facultada de Bioloxía, e presentada por Pura Martínez, bióloga e profesora.

Venres 29 de setembro ás 20:30h. Local IEM

Proxección documental

“Os traballos de Proxecto Ríos en Gondomar”

Venres 29 setembro as 20:30h. Local IEM

Andaina polo Río Miñor

Sabado 30 de setembro, ás 16:30h. Da ponte da Paradela (xunto o antigo matadoiro) Guiada por Xosé Ramón García, botánico, e Pura Martínez, profesora de ciencias do IES “Escolas Pro Val”

Limpeza do Río

(Ríos Miñor e Zamáns)

X Limpeza simultánea en Galicia 2007-2017 Domingo 1 Octubro, 10:00h. Da Ponte da Paradela (xunto o antigo matadoiro)

O proxecto Ríos é unha iniciativa europea que en Galicia vén desenvolvendo a asociación ecoloxista ADEGA dende o ano 2005.

Consite na prospección dun treito de río seguindo un protocolo, para así facer unha valoración anual dos ríos galegos coa finalidade de protexelos.

Os datos, sempre recollidos por voluntarios locais, poden consultarse en www.proxectorios.org

Limpezas:

  • Ano 2010 – 800Kg de lixo.
  • Ano 2011 – 2000Kg de lixo.
  • Ano 2012 – 900Kg de lixo.
  • Ano 2013 – 1000Kg de lixo.
  • Ano 2014 – 1500Kg de lixo.
  • Ano 2015 – 1000Kg de lixo.
  • Ano 2016 – 2200Kg de lixo.
  • Ano 2017 – ……..

Extracción plantas invasoras:

  • Ano 2015 – Nas Cercas.
  • Ano 2016 – Nas Cercas.
  • Ano 2017 – Onde escollamos…

Este ano está adicado ás plantas invasoras que acaban coa flora autóctona.

A extración de especies invasoras iniciouna o Proxecto Ríos no ano 2006 para chamar a atención do impacto que causan nos ecosistemas plantas e animais traidos de outros lugares.

A limpeza dos rios faise simultáneamente en todo o pais o último domingo de setembro ou o primeiro de octubro dende o ano 2007, cunha dobre intención: liberar de lixo os leitos fluviais e crear conciendia colectiva do problema. Coordena o Proxecto Ríos cos seus voluntarios da contorna e os Concellos implicados.

A Bacía do Río Miñor

Cada río é un contador de historias, escribe unha paixase… é parte da memoria colectiva de cada pobo.

Cada asentamento humano formouse buscando a auga, e a posterior organización territorial das vilas estivo estreitamente relacionada con ela.

O río é un espello do que somos. Se o vemos contaminado nós tamén o estaremos, se facemos intervencións que modifiquen o seu aspecto natural asi nos veremos nós.

Proxecto Ríos

Móllate ti tamén nestas iniciativas do Valmiñor!

Proxecto Ríos:

  • Con persoas particulares (no rio Zamáns) – (no río Groba)
  • Cun colectivo de veciños (no río Morgadáns)
  • Coa asociación Pedraghullo (no rio Zamáns)
  • Co profesorado, alumnado ou ANPA do colexio de Peitieiros (no río da Razas)
  • Colexio Gondomar (no río Miñor)
  • Instituto Terra de Turonio (no río Zamáns)
  • Instituto Auga da Laxe (no río Zamáns)
  • Instituto Proval (no río Miñor)
  • Cun grupo de amigos/as… (onde ti queiras…)

Apúntate co nome completo e nº de DNI

www.concellogondomar.gal

TLF.: 666 386 356

Organiza:

  • Concello de Gondomar
  • Concellaría de Medio Ambiente

Colaboran:

  • Proxectoríos
  • IEM
Setembro 26th, 2017

Etiquetas:

Deixar unha resposta