MOCIÓN DE APOIO AO POBO SAHARAUÍ NO 40º ANIVERSARIO DA PROCLAMACIÓN DA RASD

Concelleiro UrbanismoSR. ALCALDE-­‐‑PRESIDENTE DO CONCELLO DE GONDOMAR.

Antonio Araújo Quintas, veciño de Gondomar con domicilio na Avda. do Conde nº21 e DI nº 36.032.724-­‐‑G, concelleiro pertencente ao grupo municipal de Manifesto Miñor da Corporación Municipal de Gondomar presenta para o seu debate e aprobación, se procede, a seguinte MOCIÓN:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O pasado 27 de febreiro cumpriuse o 40º aniversario da proclamación da República Árabe Saharaui Democrática, o chamado Sahara Español. O Concello de Gondomar, e sobre todo a súa veciñanza , leva anos solidarizándose co Pobo Saharauí de diversas maneiras, incluso facendo importantes esforzos de movilización e organización, económicos, persoais, etc. Un exemplo a valorar, a imitar e que compre seguir apoiando dende a apoiar dende a institución municipal que esta Corporación representa.

Por todo iso o Concello de Gondomar quer sumarse a este acontecemento histórico e demostrar un ano máis o seu firme compromiso co Pobo Saharaui. As choivas torrenciais caídas en outubro de 2015 nos campamentos de poboación refuxiada saharaui afectaron a máis de 90.000 persoas, 25.000 dos cales perderon os seus fogares e quedáronse sen alimentos, segundo denunciou a Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR). Diversas investigacións levadas a cabo polo Instituto Hegoa da UPV-­‐‑EHU e a Sociedade de Ciencias Aranzadi, co apoio de Euskal Fondoa, aportaron novas probas sobre desaparicións forzosas e bombardeos á poboación civil saharaui a mans do goberno de Marrocos. Ademais, estas investigacións están sendo útiles na investigación da querella por xenocidio contra o Pobo Saharaui e nas demandas de verdade, xustiza e reparación. Por todo iso, o Concello de Gondomar manifesta o seguinte:

1. Reafirma o seu recoñecemento ao lexítimo goberno da RASD e o Frente POLISARIO e manifesta, unha vez máis, o dereito de autodeterminación que legalmente asiste ao Pobo Saharaui. Así mesmo pídelle ao Goberno de España que lle dea o estatus diplomático á Representación do Frente POLISARIO en España, único e lexítimo representante do Pobo Saharaui, recoñecido así pola ONU.

2. Insta ao Goberno de España e á comunidade internacional a que promovan todas as iniciativas políticas que sexan necesarias para lograr unha solución xusta e definitiva, mediante a celebración dun referendo, conforme ás resolucións de Nacións Unidas.

3. Insta ás autoridades marroquís a que cesen as persecucións contra os e as activistas saharauis de dereitos humanos, a que liberen aos presos políticos saharauis e esclarezan o destino de máis de 400 persoas saharauis desaparecidas.

4. Insta ao Estado Español a que asuma a súa responsabilidade histórica e traballe activamente dentro da Unión Europea e aproveite a súa presenza en el Consello de Seguridade de Nacións Unidas para que a MINURSO vexa ampliado o seu mandato á vixilancia dos dereitos humanos no Sáhara
Occidental.

5. Reafírmase no seu compromiso de traballar tanto nos campamentos de poboación refuxiada en Tinduf (Arxelia), como nos territorios ilegalmente ocupados por Marrocos como mostra do apoio maioritario da veciñanza de Gondomar á lexítima loita do Pobo Saharaui pola súa liberdade.

6. E por último, agradece sinceramente a colaboración desinteresada e a xenerosidade dos cidadáns e as cidadás de Gondomar que fan posibles proxectos de cooperación co Pobo Saharaui, tales como a Caravana pola Paz, Vacacións en Paz, etc.

Febreiro 27th, 2016

Etiquetas: ,