Feira de Oportunidades Portobelo, 12 de marzo.

portobelo

 

Os grandes descontos chegan a Portobelo, coa feira de oportunidades do Val Miñor

Arranca a cuarta edición a feira de Oportunidades Portobelo. Organizada pola Asociación de Empresarios e comerciantes do Val Miñor (OVALMI) terá lugar o próximo domingo 12 de marzo, en horario continuado desde as 11 da maña hasta as 9 da noite.

En Portobelo, que conta coa colaboración do Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Comercio, poderanse atopar produtos variados como: calzado, prendas de vestir, tocado, menaxe, ferretería, cosmética, produtos de limpeza, etc.

Agardamos que este ano sexa o da consolidación deste gran encontro comarcal para o contacto co comercio local, ao traveso dos 25 establecementos comerciais que participan este ano.

Animamos ás familias á achegarse a Vila de Gondomar, que estará especialmente colorida e decorada para a ocasión con paraugas colgantes sobre as rúas do Concello, e relacionarse cos establecementos de proximidade, nun día, no que si as previsións meteorolóxicas se confirman, disporemos de bo tempo e temperaturas agradables.

Nos paraugas do Portobelo, haberá tamén obradoiros dirixidos polo Centro Juan María de  Parada,  Nigrán nos que se traballará con materiais reciclables para os rapaces durante toda a xornada.

Para os menores tamén están pensados os inchables que estarán durante toda a feira con prezos solidarios.

Como actividade lúdica proponse a todos os visitantes unha exhibición de Danza Moderna e Hip-Hop, que terá como promotores á Escola de Danza da Paradela e a Asociación da Danza de Gondomar. Unha actividade aberta a todas las idades e dará comezo as 17,00 horas nas inmediacións da Praza da Alameda.

Gondomar, 7 de marzo de 2017

Xosé Antón Araúxo Rodríguez

Concelleiro de Comercio

Concello de Gondomar.Manifesto Miñor

 

Marzo 9th, 2017

Etiquetas: , ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *