Europa “subcontrata” a solidariedade con Turquía

Manifesto Miñorfronteras UE

Gondomar e a súa veciñanza sempre fomos un concello acolledor e solidario, e así queda demostrado en multitude de ocasións e en diferentes épocas da nosa historia. Tamén somos un concello con memoria, e non esquecemos a dor que supuxo o exilio, o político e o social, de centos dos nosos veciñ@s ou de milleiros de cidadás e cidadáns desta País, provocado por mor dunha guerra e dunha miseria infame. Nós tamén fomos refuxiados!

Cando tod@s pensabamos que a integración europea suporía unha aposta polos valores de solidariedade, de xustiza social ou dos dereitos humanos, resultou que todo iso era mentira. Agora estamos a ver a verdadeira faciana dun sistema que prima os intereses partidarios espurios dos grandes líderes europeos e os intereses económicos manchados de sangue das grandes transnacionais, que despois de promover o negocio da guerra arrasando países e cidades, desenténdese das persoas coma se fosen obxectos ou mercadoría sen valor. Nós renegamos desta Europa cruel e sen memoria!

Dende Manifesto Miñor rexeitamos o acordo da Unión Europea con Turquía e solicitamos que sexa rexeitado, tamén, polo Goberno do Estado. Trátase dun acordo a todas luces ilegal, que mesmo poría fóra da UE á propia UE, un pacto contrario a un dereito tan básico e humanitario, practicado secularmente en Europa, como é o dereito de asilo.

refugiadosPor todo isto, e co obxecto de facer visible o rexeitamento do Concello de Gondomar a esta situación de inxustiza social, igual que están facendo miles de institucións europeas e centos de concellos no Estado Español, Manifesto Miñor propón a retirada da bandeira da Unión Europea da Casa do Concello e dos demais edificios municipais mentres non se resolva de maneira humanitaria e solidaria a gravísima situación de milleiros de refuxiad@s vexados ás portas de Europa.

Marzo 15th, 2016

Etiquetas: ,

Deixar unha resposta