ESTATUTOS

Manifesto Miñor

CAPÍTULO PRIMEIRO. DENOMINACIÓN, FINS, DOMICILIO.

Art. 1: Denominación.

Ao abeiro dos artigos 6º da Constitución española e 2 da Lei Orgánica 6/2002, de 27 de xuño, de Partidos Políticos, constitúese o partido político denominado MANIFESTO MIÑOR, cuxas siglas son M.M., e sendo o símbolo do partido un debuxo en diferentes tonalidades de verdes e marróns, formado por tres arcos oxivais que se reflicten na auga e unha liña na parte superior a modo de petril, simulando o conxunto unha ponte, enriba da cal vai o nome do partido: Manifesto Miñor.

Art. 2: Ámbito e Fins.

1.- Manifesto Miñor é un partido político de ámbito e actuación Comarcal que abrangue a Comarca natural do Val Miñor formada polos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar, constituído para contribuír á rebelión democrática e para poñer as institucións ao servizo da cidadanía e baixo o seu control participado, apoiándose nas ferramentas necesarias para combater a desigualdade e construír uns concellos e un país distintos.

Manifesto Miñor nace como o resultado dun chamamento feito por un colectivo de persoas, plural e representativo da sociedade miñorá, co obxecto de trasladar ao nivel institucional municipal os valores dunha Comarca tamén plural e heteroxénea, de carácter aberto, avanzado, solidario, tolerante e igualitario, en contra do modelo dominante de concellos dirixidos por unha minoría que goberna para se enriquecer e servir aos seus propios intereses.

2.- Son principios básicos do Manifesto Miñor os da xustiza social igualitaria, sustentabilidade, participación cidadá e transparencia, así como a defensa do laicismo, o feminismo e a transmisión do legado e a memoria (idioma e cultura propias de Galiza).

3.- Son fins específicos do Manifesto Miñor:

a) Empoderamento da cidadanía: fomento da participación da cidadanía nas decisións públicas, rematando coa separación entre gobernantes e gobernadas/os e sometendo a actuación municipal aos principios de control democrático, publicidade e máxima transparencia. Con esa finalidade promoveranse iniciativas de auto-organización cidadá: asociacións de veciñas/os, centros sociais e culturais, formas de ocio e deporte de base ou cooperativas de consumo.

b) Defensa dos dereitos sociais básicos, garantindo o acceso a unha educación, sanidade, e servizos sociais, públicos, universais, dignos e gratuítos.

c) Promoción da igualdade e a integración social en todos os ámbitos, como garantía de cohesión social e liberdade.

d) Economía social ao servizo da xente, guiada polos principios de solidariedade e sustentabilidade.

e) Política de ordenación territorial e urbanística, ambientalmente sustentábel, ao servizo do interese público xeral, en contra da especulación e os despexos e a favor do dereito a unha vivenda digna.

f) Defensa dos servizos públicos, evitando a privatización da súa xestión.

g) Política fiscal progresiva, na que prime o aforro enerxético e o emprego de enerxías renovábeis.

h) Auditoría e control cidadán das contas públicas. Orzamentos participativos.

3.- O ámbito municipal de actuación é compatíbel no seu caso, coa participación de Marea Atlántica en coalicións electorais de ámbito supramunicipal.

Art. 3: Domicilio.

1.- O domicilio social radica na rúa Párroco Mariño nº21 baixo, 36380 Gondomar-Pontevedra.

2.- O domicilio poderá ser modificado por acordo da Asemblea Xeral.

3.- A páxina web é www.minhor.gal

CAPÍTULO SEGUNDO. AFILIADOS. DEREITOS E DEBERES.

Art. 4: Afiliación.

1.- Poderán ser afiliadas/os de Manifesto Miñor as persoas físicas, maiores de idade, que non teñan limitada nin restrinxida a súa capacidade de obrar, así como as/os cidadáns estranxeiros cando a normativa vixente o permita.

2.- A afiliación á Manifesto Miñor é compatíbel coa afiliación a outros partidos, asociacións, sindicatos ou outras formas asociativas.

3- Todas as persoas afiliadas gozan dos mesmos dereitos e deberes.

4.- Mediante disposición regulamentaria de desenvolvemento dos presentes Estatutos, poderanse recoñecer outras formas de participación no partido diferentes da afiliación.

Art. 5: Admisión.

1.- A condición de afiliada/o ó partido adquírese a solicitude da/o interesada/o por acordo da Asemblea Xeral e por medio do seguinte procedemento:

a) A solicitude de afiliación dirixirase á Asemblea Xeral, ben por medio de solicitude por escrito ou ben mediante solicitude no espazo habilitado para iso na páxina web de Manifesto Miñor. A dita solicitude deberá ir subscrita pola persoa solicitante e por un mínimo de dous afiliadas/os en condición de avalistas da mesma.

b) A solicitude de afiliación será obxecto de resolución expresa por acordo, por maioría simple, da Asemblea Xeral no prazo máximo de tres meses desde a solicitude. Transcorridos os tres meses desde a solicitude sen resolución expresa entenderase que procede a admisión na condición de afiliada/o.

c) O acordo da Asemblea Xeral será comunicado á persoa solicitante no prazo máximo de dez días desde o mencionado acordo que, no caso de denegación, deberá ser motivado.

2.- Existirá no partido o Libro de Rexistro de Afiliación, onde constarán os datos de altas e baixas definitivas.

Art. 6: Dereitos da afiliación.

Son dereitos das persoas afiliadas:

1.- A participaren nas actividades do partido e nos órganos de goberno e representación, a exerceren o dereito de voto, así como asistiren á Asemblea Xeral, de acordo cos estatutos.

2.- A seren electores e elixíbeis para os cargos do mesmo.

3.- A seren informados sobre a composición dos órganos directivos e de administración ou sobre as decisións adoptadas polos órganos directivos, sobre as actividades realizadas e sobre a situación económica.

4.- A impugnaren os acordos dos órganos do partido que estimen contrarios á lei ou aos estatutos.

5.- A expresaren e exerceren libremente o dereito de opinión e crítica.

6.- A controlaren a acción política do partido, así como a da representación institucional, tanto nos Concellos da Comarca como noutras institucións.

7.- A non seren discriminadas/os por ningunha razón.

Art. 7: Obrigacións da afiliación.

Todas as persoas afiliadas cumprirán as obrigacións que resulten das disposicións estatutarias e, en todo caso, as seguintes:

1.- Compartiren as finalidades do partido e colaboraren para a consecución das mesmas

2.- Respectaren o disposto nos estatutos e nas leis.

3.-Acataren e cumpriren os acordos validamente adoptados polos órganos directivos do partido.

4.- Pagaren as cotas e outras achegas que, segundo os estatutos, poidan corresponder a cada un, así como, no seu caso, cumpriren coa carta financeira.

5.- No caso de persoas afiliadas con representación institucional ou que desempeñan cargos ou funcións orgánicas de administración ou xestión, subscribiren o código ético do partido e a carta financeira, así como dar conta periódica da súa actividade e xestión ou cando así se lle requira pola Asemblea Xeral.

Art. 8: Baixa de afiliación.

Calquera persoa afiliada do partido poderá cesar no mesmo libremente a medio da oportuna comunicación por escrito, procedéndose a a inscribir no libro Rexistro con data de efectos da data de entrada da comunicación.

Art. 9: Réxime disciplinario.

1.- A persoa afiliada que incumprise cos seus deberes co partido ou que coa súa conduta pública ou privada menoscabe ou atente contra os principios do Manifesto Miñor e/ou as súas normas de funcionamento será obxecto do correspondente procedemento disciplinario do que se lle dará audiencia, segundo o seguinte procedemento:

a) A apertura do procedemento será por acordo da Asemblea Xeral por maioría simple, debendo figurar o asunto na orde do día. No dito acordo, que deberá ser motivado, determinarase a identidade da persoa instrutora.

b) No prazo máximo de cinco días desde o mencionado acordo darase traslado deste á persoa afiliada inquirida aos efectos de presentación de alegacións, fixando para iso un prazo de 15 días.

c) Presentadas, no seu caso, as alegacións, estas deben ser informadas e ditaminadas pola persoa instrutora, quen deberá formular a proposta de resolución, debidamente motivada, no prazo máximo de dez días desde a presentación de alegacións ou, no seu defecto, desde a finalización do prazo de audiencia.

d) A resolución do procedemento é competencia da Asemblea Xeral, por acordo de 2/3 da afiliación asistente á mesma, debendo figurar o asunto na orde do día. A dita Asemblea deberá ter lugar no prazo máximo de quince días desde a presentación pola persoa instrutora do seu ditame e proposta de resolución.

e) A resolución será comunicada á persoa interesada no prazo máximo de cinco días desde a adopción do acordo.

f) Contra a resolución a persoa interesada poderá interpor un recurso ante a Asemblea Xeral no prazo de dez días desde a notificación da mesma. A Asemblea Xeral resolverá no prazo máximo dun mes desde a entrada do recurso.

2.- O procedemento disciplinario rexerase polos principios de legalidade, motivación, obxectividade, neutralidade, imparcialidade, celeridade, defensa e contradición, así como o de proporcionalidade.

3.- As infraccións serán cualificadas de moi graves, graves e leves, debéndose tipificar no Código de Réxime Disciplinario, a aprobar pola Asemblea Xeral.

4.- As sancións que se poderán impor serán as seguintes:

a) Amoestación verbal ou por escrito.

b) Suspensión, por prazo máximo dun ano.

c) Expulsión.

En todo caso, a suspensión e a expulsión só procederán no suposto de faltas moi graves.

CAPITULO TERCEIRO. ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN, GOBERNO E ADMINISTRACIÓN.

Art. 10: Órganos do partido.

A estrutura interna e o funcionamento do partido baséanse en principios democráticos. Son órganos do partido os seguintes:

1.- O Congreso.

2.- A Asemblea Xeral.

3.- A Comisión Executiva.

4.-Aqueles outros órganos ou estruturas de participación asemblearia que se aproben por decisión da Asemblea Xeral.

Art. 11: O Congreso.

1.- É o máximo órgano do partido, con competencias na aprobación das propostas xerais da acción política e político-institucional do partido, así como sobre a modificación dos Estatutos, de acordo co previsto na Disposición Adicional Primeira.

2.- Reunirase anualmente con carácter ordinario e extraordinariamente cando así o decida a Asemblea Xeral ou por solicitude non inferior ao 50% da afiliación.

3.- Toda a afiliación do partido pode asistir ao Congreso, con dereitos de voz e voto, non admitíndose o voto delegado, aínda que se poderán habilitar outras formas de votación electrónica, sempre que cumpran coas garantías necesarias.

4.-Por decisión da Asemblea Xeral poderanse recoñecer formas de participación nos debates a persoas non afiliadas.

Art. 12. A Asemblea Xeral.

1.- A Asemblea Xeral é o máximo órgano executivo do partido, con competencias no cumprimento dos acordos e resolucións do Congreso, no desenvolvementos dos fins e obxectivos partido, así como na determinación de decisións sobre os mesmos.

2.- Son competencias da Asemblea Xeral :

  1. Convocar o Congreso e, no seu caso, a convocatoria doutros órganos aos que se refire o art. 10.3 dos presentes Estatutos.

  2. Executar ou, no seu caso, delegar a execución dos acordos e resolucións dos órganos do partido.

  3. Determinar e executar as decisións sobre a actividade política e político-institucional do partido, así como, no seu caso, a súa participación en procesos electorais e a forma xurídico-legal desta.

  4. Aprobar os orzamentos e as contas, así como a súa liquidación contábel.

  5. Resolver sobre os procedementos disciplinarios.

  6. Designar a/as persoa/s que ostente a representación legal do partido.

  7. Modificar os Estatutos, de acordo co previsto na Disposición Adicional Primeira.

  8. Aprobar o Código ético, o Código disciplinario, a Carta financeira, así como a constitución e composición dos órganos executivos e/ou estruturas que decida.

3.- Reunirase trimestralmente con carácter ordinario e extraordinariamente por solicitude non inferior a 1/3 da afiliación.

4.- A Asemblea está constituída polo conxunto directo da afiliación, con dereito de voz e voto, persoal, libre e directo.

Tamén poderán asistir e participar na Asemblea persoas non afiliadas.

5.- A Asemblea será convocada pola afiliada/o responsábel que se acorde na Asemblea anterior, quen será responsábel de fixar a orde do día. Entre a convocatoria e a Asemblea deberá mediar un prazo mínimo de cinco días, debendo remitirse coa convocatoria a documentación (ou acceso á mesma) dos asuntos incluídos na orde do día, así como a acta da sesión anterior.

6.- Calquera persoa afiliada poderá solicitar a inclusión dun asunto na orde do día, solicitándoo por escrito cunha antelación mínima de sete días antes da súa celebración.

7.- Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse, como norma xeral, por maioría, con excepción doutro quórum que así se precise nos presentes Estatutos, aínda que se promoverá a adopción de acordos por consenso.

8.- A Asemblea Xeral designará as persoas afiliadas que ostenten a representación legal do Partido e a responsábel da xestión económico-financeira do partido, podendo coincidir na mesma persoa. A dita representación e responsabilidade pode ser revocada por acordo do mesmo órgano.

Art. 13: A Comisión Executiva.

A Comisión Executiva realiza a política definida pola Asemblea Xeral adoptando para isto cantas resolucións considere necesarias, sempre de acordo coas normas e directrices emanadas de aquela.

A) A Comisión Executiva é elixida directamente pola Asemblea Xeral e estará composta por:

– 1 Presidenta/e
– 1 Secretaria/o Xeral
– 1 Secretaria/o de Organización e finanzas.

B) A Comisión Executiva é o órgano encargado de aplicar e dirixir a política do partido Manifesto Miñor, e además terá encomendada as seguintes funcións:

a) A organización e vida interna do partido.

b) As relacións con outros grupos políticos e sociais, de ámbito local, comarcal, provincial e autonómico.

c) A adquisición, administración e gravame dos bens do partido.

d) A realización de cantas actividades sexan necesarias en todos os aspectos para o cumplimento dos fins do partido político.

e) O seguimento do labor dos Gobernos locais.

f) A definición global da política do partido Manifesto Miñor no ámbito comarcal e municipal.

g) O seguimento da actuación dos representantes do partido nos poderes públicos.

h) Aprobar o proxecto de orzamentos do partido, tanto ordinarios como extraordinarios, para as campañas electorais, para a súa aprobación na Asemblea Xeral.

i) Propoñer á Asemblea Xeral cantos acordos estime convenientes para a vida política do partido.

C) A Comisión Executiva reúnese coa frecuencia que por sí mesma acorde. Será convocada pola/o Secretaria/o Xeral e, no seu defecto, pola metade máis un dos seus membros. As decisións da Comisión Executiva, adóptanse por maioría simple dos seus membros presentes. Para que as decisións adoptadas sexan válidas requírese que todos os membros teñan sido notificados da reunión.

Das reunións da Comisión Executiva, levantarase pola/o Secretaria/o Xeral a acta correspondente, que será asinada por todos os membros asistentes.

D) A/o presidenta/e é o portavoz cualificado da Comisión Executiva, ostenta a representación do Partido e coordina os traballos da Comisión Executiva.

A responsabilidade da Comisión Executiva é colexiada, o que non exime ós seus membros das responsabilidades que adquiran persoalmente polo desenvolvemento das súas funcións. Farase constar na acta de cada reunión os votos particulares que houbera sobre as decisións recaídas.

Preside os actos orgánicos, modera as reunións da Comisión Executiva e acredita coa súa sinatura todos os documentos políticos e orgánicos, previa sinatura do Secretaria/o xeral.

Será auxiliado nas sús funcións pola/o Vocal membro da Comisión Executiva.

E) A/o secretaria/o xeral ten como funcións principais as seguintes:

1.- Custodiar os libros rexistros do partido

2.- Convocar a Comisión executiva

3.- Calquera outra función que lle puidera ser encomendada pola Asemblea Xeral.

F) A/o Secretaria/o de Organización terá como función principal a organización da vida política do partido, nas súas relacións externas, tanto cos medios de comunicación como cualquera outro organismo oficial.

Igualmente encargarase da organización das campañas electorais, tanto no seu aspecto humano como loxístico.

A realización dos libros contabéis do partido Manifesto Miñor, así como a elaboración do proxecto de orzamentos deste partido.

Realizar o cobro das cuotas dos afiliadas/os, así como practicar os requerimentos necesarios no caso de impago destas.

Informará á Comisión Executiva do estado das finanzas do partido cando sexa requerido para isto.

A Asemblea Xeral poderá encomendarlle cualquera outra función.

CAPITULO CUARTO. RÉXIMEN ECONÓMICO E PATRIMONIAL.

Art. 14: Recursos económicos.

Son recursos económicos do partido:

a) As cotas e achegas dos seus membros.

b) O produtos das actividades propias do partido político e os rendementos procedentes da xestión do seu propio patrimonio, os beneficios procedentes das súas actividades promocionais, e os que se poidan obter dos servizos que poidan prestar en relación cos seus fins específicos.

c) As doazóns en diñeiro ou en especie, que perciban nos termos e condicións previstos na Lei Orgánica 8/2007, de 4 de xullo, sobre financiamento dos partidos políticos.

d) Os fondos procedentes dos empréstitos ou créditos que, no caso, se concerten.

e) As herdanzas ou legados.

Art. 15: Patrimonio.

Manifesto Miñor carece de patrimonio fundacional, con excepción da web propia e dos dereitos asociados á súa denominación.

Art. 16: Procedemento de rendición de contas. Administración, fiscalización e control.

1.- A administración, fiscalización e control do seu réxime económico e patrimonial realizarase segundo as seguintes normas:

a) A duración do exercicio económico é o ano natural.

b) Compete á Asemblea Xeral a aprobación dos Orzamentos e as Contas do partido.

c) Compete á/ás persoas que exerzan a representación legal, a execución da xestión económico-financeira do partido, podendo delegar ou compartir tal función con outras persoas, por acordo ao efecto da Asemblea Xeral.

d) Aos efectos de transparencia e control interno que garanta a adecuada intervención, contabilizadora de todos os actos e documentos dos que se deriven dereitos e obrigacións de contido económico, publicarase na web do partido información actualizada (con periodicidade mínima trimestral) da xestión e situación económico-contábel do partido. Calquera persoa terá acceso ás ditas contas, coas únicas reservas dispostas pola Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Art. 17: Réxime documental. Obrigacións contábeis.

1.- O partido levará, ademais do Libro de Afiliadas/os, os Libros de Actas, de Contabilidade, de Tesouraría, e de Inventarios e Balances, que permitan en todo momento coñecer a súa situación financeira.

2.- A contabilidade adecuarase aos principios e normas de contabilidade precisados na Resolución de 8 de outubro de 2013, da Presidencia do Tribunal de Contas español, pola que se publica o Acordo do Pleno de 26 de setembro de 2013, de aprobación do Sistema de Contabilidade Adaptado ás Formacións Políticas, ou norma que a substitúa.

CAPÍTULO QUINTO. DISOLUCIÓN DO PARTIDO.

Art. 18: Disolución.

1.- O partido disolverase ou extinguirase por acordo da Asemblea Xeral, por maioría de 4/5 da afiliación, en Asemblea convocada ao efecto e co dito único asunto na orde do día.

2.- O patrimonio resultante no momento da disolución, unha vez satisfeitas as obrigacións financeiras que existiren, destinarase a asociacións de carácter benéfico ou social ou ao que se acorde expresamente no acordo de disolución.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Primeira.- Reforma dos Estatutos.

1.- A modificación dos presentes Estatutos será competencia da Asemblea Xeral, con excepción do relativo aos arts. 1 ao 3, cuxa competencia fica atribuída ao Congreso.

2.- Os acordos de modificación estatutaria requiren maioría de 2/3 para a súa aprobación.

Segunda.- Código ético.

A Asemblea Xeral, no prazo máximo de tres meses desde a inscrición do partido, aprobará un Código ético, sobre a base dos seguintes principios básicos:

1.- Toda persoa militante que asuma funcións de representación do partido, ou faga parte dunha candidatura electoral ou ostente un cargo institucional, deberá subscribir un documento no que se compromete a:

a) Cumprir cos principios, fins, obxectivos e acordos do partido.

b) Someterse a mandato de revogabilidade.

c) Dar conta da súa actuación perante a Asemblea Xeral.

d) No seu caso, cumprir coa Carta financeira.

Terceira.- Carta financeira.

A Asemblea Xeral, no prazo máximo de tres meses desde a inscrición do partido, aprobará unha Carta financeira, de aplicación á afiliación que ostente cargos ou postos retribuídos representativos ou de designación política, en ambos os casos dependentes do partido, para os efectos de contribución financeira a este.

CAPÍTULO PRIMERO. DENOMINACIÓN, FINES, DOMICILIO.

Art. 1: Denominación.

Al amparo de los artículos 6º de la Constitución Española y 1º de la Ley Orgánica 6/2002, de 27 de junio, de Partidos Políticos, se constituye el partido político denominado MANIFESTO MIÑOR, cuyas siglas son M.M. y siendo el símbolo del partido un dibujo en diferentes tonalidades de verdes y marrones, formado por tres arcos ojivales que se reflejan en el agua y una línea en la parte superior a modo de petril, simulando el conjunto un puente, encima del cual va el nombre dl partido: Manifesto Miñor.

Art. 2: Ámbito y Fines.

1.- Manifesto Miñor es un partido político de ámbito de actuación Comarcal que abarca la Comarca natural del Val Miñor formada por los ayuntamientos de Baiona, Nigrán y Gondomar, constituido para contribuir a la rebelión democrática y para poner las instituciones al servicio de la ciudadanía y bajo su control participativo, apoyándose en las herramientas necesarias para combatir la desigualdad y construir unos ayuntamientos y un país distintos.

Manifesto Miñor nace como resultado de un llamamiento hecho por un colectivo de personas, plural y representativo de la sociedad miñorana, con el objeto de trasladar al nivel institucional municipal los valores de una Comarcatambien plural y heterogénea, de carácter abierto, avanzado, solidario, tolerante e igualitario, en contra del modelo dominante de ciudad dirigida por una minoría que gobierna para enriquecerse y servir a sus propios intereses.

2.- Son principios básicos del Manifesto Miñor los de justicia social igualitaria, sostenibilidad, participación ciudadana y transparencia, así como la defensa del laicismo, el feminismo y la transmisión del legado y la memoria (idioma y cultura propias de Galicia).

3.- Son fines específicos del Manifesto Miñor:

a) Empoderamiento de la ciudadanía: fomento de la participación de la ciudadanía en las decisiones públicas, terminando con la separación entre gobernantes y gobernadas/os y sometiendo la actuación municipal a los principios de control democrático, publicidad y máxima transparencia. A tal efecto se promoverán iniciativas de auto-organización ciudadana: asociaciones de vecinas/os, centros sociales y culturales, formas de ocio y deporte de base o cooperativas de consumo.

b) Defensa de los derechos sociales básicos, garantizando el acceso a una educación, sanidad, y servicios sociales, públicos, universales, dignos y gratuitos.

c) Promoción de la igualdad y la integración social en todos los ámbitos, como garantía de cohesión social y libertad.

d) Economía social al servicio de la gente, guiada por los principios de solidaridad y sustentabilidad.

e) Política de ordenación territorial y urbanística, medioambientalmente sostenible, al servicio del interés público general, en contra de la especulación y los desahucios, a favor del derecho a una vivienda digna.

f) Defensa de los servicios públicos, evitando la privatización de su gestión.

g) Política fiscal progresiva, en la que prime el ahorro energético y el empleo de energías renovables.

h) Auditoría y control ciudadano de las cuentas públicas. Presupuestos participativos.

3.- El ámbito municipal de actuación es compatible en su caso, con la participación de Marea Atlántica en coaliciones electorales de ámbito supramunicipal.

Art. 3: Domicilio.

1.- El domicilio social radica en la calle Párroco mariño nº21, bajo, 36380 Gondomar-Pontevedra.

2.- El domicilio podrá ser modificado por acuerdo de la Asamblea General.

3.- La página web es www.minhor.gal

CAPÍTULO SEGUNDO. AFILIADOS. DERECHOS Y DEBERES.

Art.4: Afiliación.

1.- Podrán ser afiliadas/os de Manifesto Miñor las personas físicas, mayores de edad, que no tengan limitada ni restringida su capacidad de obrar, así como las/os ciudadanas/os extranjeros cuando la normativa vigente lo permita.

2.- La afiliación a Manifesto Miñor es compatible con la afiliación a otros partidos, asociaciones, sindicatos u otras formas asociativas.

3- Todas las personas afiliadas gozan de los mismos derechos y deberes.

4.- Mediante disposición reglamentaria de desarrollo de los presentes Estatutos, se podrán reconocer otras formas de participación en el partido diferentes de la afiliación.

Art.5: Admisión.

1.- La condición de afiliada/o al partido se adquiere a solicitud de la/del interesada/o por acuerdo de la Asamblea General y mediante el siguiente procedimiento:

a) La solicitud de afiliación se dirigirá a la Asamblea General, bien mediante solicitud por escrito o bien mediante solicitud en el espacio habilitado para ello en la web de Manifesto Miñor. Dicha solicitud deberá ir suscrita por la persona solicitante y por un mínimo de dos afiliadas/os en condición de avalistas de las misma.

b) La solicitud de afiliación será objeto de resolución expresa por acuerdo, por mayoría simple, de la Asamblea General en el plazo máximo de tres meses desde la solicitud. Transcurridos los tres meses desde la solicitud sin resolución expresa se entenderá que procede la admisión en la condición de afiliada/o.

c) El acuerdo de la Asamblea General será comunicado a la persona solicitante en el plazo máximo de 10 días desde el mencionado Acuerdo, que en caso de denegación, deberá ser motivado.

2.- Existirá en el partido el Libro de Registro de Afiliación, en donde constarán los datos de altas y bajas definitivas.

Art. 6: Derechos de la afiliación.

Son derechos de las personas afiliadas:

1.- A participar en las actividades del partido y en los órganos de gobierno y representación, a ejercer el derecho de voto, así como asistir a la Asamblea general, de acuerdo con los estatutos.

2.- A ser electores y elegibles para los cargos del mismo.

3.- A ser informados acerca de la composición de los órganos directivos y de administración o sobre las decisiones adoptadas por los órganos directivos, sobre las actividades realizadas y sobre la situación económica.

4.- A impugnar los acuerdos de los órganos del partido que estimen contrarios a la Ley o a los estatutos.

5.- A expresar y ejercer libremente el derecho de opinión y crítica.

6.- A controlar la acción política del partido, así como la de la representación institucional, tanto en los Ayuntamientos de la Comarca como en otras instituciones.

7.- A no ser discriminada/o por ninguna razón.

Art. 7: Obligaciones de la afiliación.

Todas las personas afiliadas cumplirán las obligaciones que resulten de las disposiciones estatutarias, y, en todo caso, las siguientes:

1.- Compartir las finalidades del partido y colaborar para la consecución de las mismas.

2.- Respetar lo dispuesto en los estatutos y en las leyes.

3.- Acatar y cumplir los acuerdos válidamente adoptados por los órganos directivos del partido.

4.- Abonar las cuotas y otras aportaciones que, con arreglo a los estatutos, puedan corresponder a cada uno, así como, en su caso, cumplir con la Carta financiera.

5.- En el caso de personas afiliadas con representación institucional o que desempeñan cargos o funciones orgánicas de administración o gestión, suscribir el código ético del partido y la carta financiera, así como dar cuenta periódica de su actividad y gestión o cuando así se le requiera por la Asamblea General.

Art. 8: Baja de afiliación.

Cualquiera persona afiliada del partido podrá cesar en el mismo libremente mediante la oportuna comunicación por escrito, procediéndose a inscribirla en el libro Registro con fecha de efectos de la fecha de entrada de la comunicación.

Art. 9: Régimen disciplinario.

1.- La persona afiliada que incumpliese con sus deberes para con el partido o que con su conducta pública o privada menoscabe o atente contra los principios del Manifesto Miñor y/o sus normas de funcionamiento será objeto del correspondiente expediente disciplinario del que se le dará audiencia, con arreglo al siguiente procedimiento:

a) La incoación del expediente será por acuerdo, por mayoría simple, de la Asamblea General, debiendo figurar el asunto en el orden del día. En dicho acuerdo, que deberá ser motivado, se determinará la identidad de la persona instructora.

b) En el plazo máximo de cinco días desde el mencionado acuerdo se dará traslado del mismo a la persona afiliada expedientada a los efectos de presentación de alegaciones, fijando para ello un plazo de 15 días.

c) Presentadas, en su caso, las alegaciones, éstas deben ser informadas y dictaminadas por la persona instructora, quien deberá formular propuesta de resolución, debidamente motivada, en el plazo máximo de diez días desde la presentación de alegaciones o, en su defecto, desde la finalización del plazo de audiencia.

d) La resolución del expediente es competencia de la Asamblea General, por acuerdo de 2/3 de la afiliación asistente a la misma, debiendo figurar el asunto en el orden del día. Dicha Asamblea deberá tener lugar en el plazo máximo de quince días desde la presentación por la persona instructora de su dictamen y propuesta de resolución.

e) La resolución será comunicada a la persona interesada en el plazo máximo de cinco días desde la adopción del acuerdo.

f) Contra la resolución la persona interesada podrá interponer recurso ante la Asamblea General en el plazo de diez días desde la notificación de la misma. La Asamblea General resolverá en el plazo máximo de un mes desde la entrada del recurso.

2.- El procedimiento disciplinario se regirá por los principios de legalidad, motivación, objetividad, neutralidad, imparcialidad, celeridad, defensa y contradicción, así como el de proporcionalidad.

3.- Las infracciones serán calificadas de muy graves, graves y leves, debiendo tipificarse en el Código de Régimen Disciplinario, a aprobar por la Asamblea General.

4.- Las sanciones que podrán imponerse serán las siguientes:

a) Amonestación verbal o por escrito.

b) Suspensión, por plazo máximo de un año.

c) Expulsión.

En todo caso, la suspensión y la expulsión sólo procederán en supuesto de faltas muy graves.

CAPITULO TERCERO. ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN, GOBIERNO Y ADMINISTRACIÓN.

Art. 10: Órganos del partido.

La estructura interna y el funcionamiento del partido se basa en principios democráticos. Son órganos del partido los siguientes:

1.- El Congreso

2.- La Asamblea General.

3.- La Comisión Ejecutiva

4.-Aquellos otros órganos o estructuras de participación asamblearia que se aprueben por decisión de la Asamblea General.

Art. 11: El Congreso.

1.- Es el máximo órgano del partido, con competencias en la aprobación de las propuestas generales de la acción política y político-institucional del partido, así como sobre la modificación de los Estatutos, de acuerdo con lo previsto en la Disposición Adicional Primera.

2.- Se reunirá anualmente con carácter ordinario y extraordinariamente cuando así lo decida la Asamblea General o por solicitud no inferior al 50% de la afiliación.

3.- Toda la afiliación del partido puede asistir al Congreso, con derechos de voz y voto, no admitiéndose el voto delegado, si bien se podrán habilitar otras formas de votación electrónica, siempre que cumplan las garantías necesarias.

4.-Por decisión de la Asamblea General se podrán reconocer formas de participación en los debates a personas no afiliadas.

Art. 12. La Asamblea General.

1.- La Asamblea General es el máximo órgano ejecutivo del partido, con competencias en el cumplimiento de los acuerdos y resoluciones del Congreso, en el desarrollo de los fines y objetivos del partido, así como en la determinación de decisiones sobre los mismos.

2.- Son competencias de la Asamblea General :

  1. Convocar el Congreso y, en su caso, la de otros órganos a los que se refiere el art. 10.4 de los presentes Estatutos.

  2. Ejecutar o, en su caso, delegar la ejecución de los acuerdos y resoluciones de los órganos del partido.

  3. Determinar y ejecutar las decisiones sobre la actividad política y político-institucional del partido, así como, en su caso, su participación en procesos electorales y la forma jurídico-legal de la misma.

  4. Aprobar el presupuesto y las cuentas, así como su liquidación contable.

  5. Resolver sobre los procedimientos disciplinarios.

  6. Designar la persona/s que ostente la representación legal del partido.

  7. Modificar los Estatutos, de acuerdo con lo previsto en la Disposición Adicional Primera.

  8. Aprobar el Código ético, el Código disciplinario, la Carta financiera, así como la constitución y composición de los órganos ejecutivos y/o estructuras que decida.

3.- Se reunirá trimestralmente con carácter ordinario y extraordinariamente por solicitud no inferior a 1/3 de la afiliación.

4.- La Asamblea está constituida por el conjunto directo de la afiliación, con derecho de voz y voto, personal, libre y directo.

También podrán asistir y participar en la Asamblea personas no afiliadas.

5.- La Asamblea será convocada por quien la afiliada/o responsable que se acuerde en la Asamblea anterior, quien será responsable de fijar el orden del día. Entre la convocatoria y la Asamblea deberá mediar un plazo mínimo de cinco días, debiendo remitirse con la convocatoria la documentación (o acceso a la misma) de los asuntos incluidos en el orden del día, así como el acta de la sesión anterior.

6.- Cualquier persona afiliada podrá solicitar la inclusión de un asunto en el orden del día, solicitándolo por escrito con una antelación mínima de siete días antes de su celebración.

7.- Los acuerdos de la Asamblea General se adoptarán, como norma general, por mayoría, con excepción de otro quorum que así se precise en los presentes Estatutos, si bien se promoverá la adopción de acuerdos por consenso.

8.- La Asamblea General designará las personas afiliadas que ostenten la representación legal del Partido y la responsable de la gestión económico-financiera del partido, pudiendo coincidir en la misma persona. Dicha representación y responsabilidad puede ser revocada por acuerdo del mismo órgano.

Art. 13: La Comisión Ejecutiva.

La Comisión Ejecutiva realiza la política definida por la Asamblea General adoptando para ello cuantas resoluciones considere necesarias, siempre de acuerdo con las normas y directrices emanadas de aquélla.

A) La Comisión Ejecutiva es elegida directamente por la Asamblea General y estará compuesta por:

– 1 Presidenta/e
– 1 Secretaria/o General
– 1 Secretaria/o de Organización y finanzas.

B) La Comisión Ejecutiva es el órgano encargado de aplicar y dirigir la política del partido Manifesto Miñor, y además tendrá encomendada las siguientes funciones:

a) La organización y vida interna del partido.

b) Las relaciones con otros grupos políticos y sociales, de ámbito local, comarcal, provincial y autonómico.

c) La adquisición, administración y gravamen de los bienes del partido

d) La realización de cuantas actividades sean necesarias en todos los aspectos para el cumplimiento de los fines del partido político

e) El seguimiento de la labor de los Gobiernos locales.

f) La definición global de la política del partido Manifesto Miñor en el ámbito comarcal y municipal

g) El seguimiento de la actuación de los representantes del partido en los poderes públicos

h) Aprobar el proyecto de presupuestos del partido, tanto ordinarios como extraordinarios, para las campañas electorales, para su aprobación en la Asamblea General.

i) Proponer a la Asamblea General cuantos acuerdos estime convenientes para la vida política del partido.

C) La Comisión Ejecutiva se reúne con la frecuencia que por sí misma acuerde. Será convocada por la/el Secretaria/o General y, en su defecto, por la mitad más uno de sus miembros. Las decisiones de la Comisión Ejecutiva, se adoptan por mayoría simple de sus miembros presentes. Para que las decisiones adoptadas sean válidas se requiere que todos los miembros hayan sido notificados de la reunión.

De las reuniones de la Comisión Ejecutiva, se levantará por el Secretario General el acta correspondiente, que será firmada por todos los miembros asistentes.

La responsabilidad de la Comisión Ejecutiva es colegiada, lo que no exime a sus miembros de las responsabilidades que adquieran personalmente por el desempeño de sus funciones. Se hará constar en el acta de cada reunión los votos particulares que hubiera sobre las decisiones recaídas.

D) La presidenta/o es la/el portavoz cualificado de la Comisión Ejecutiva, ostenta la representación del Partido y coordina los trabajos de la Comisión Ejecutiva.

Preside los actos orgánicos, modera las reuniones de la Comisión Ejecutiva y acredita con su firma todos los documentos políticos y orgánicos, previa firma del Secretario/a general.

Será auxiliado en sus funciones por la/el Vocal miembro de la Comisión Ejecutiva.

E) La/el secretaria/o general tiene como funciones principales las siguientes:

1.- Custodiar los libros registros del partido

2.- Convocar la Comisión ejecutiva

3.- Cualquier otra función que le pudiera ser encomendada por la Asamblea General.

F) La/el Secretaria/o de Organización tendrá como función principal la organización de la vida política del partido, en sus relaciones externas, tanto con los medios de comunicación como cualquier otro organismo oficial.

Igualmente se encargará de la organización de las campañas electorales, tanto en su aspecto humano como logístico.

La realización de los libros contables del partido Manifesto Miñor, así como la elaboración del proyecto de presupuestos de dicho partido.

Realizar el cobro de las cuotas de los afiliados/as, así como practicar los requerimientos necesarios en caso de impago de las mismas.

Informará a la Comisión Ejecutiva del estado de las finanzas del partido cuando sea requerida/o para ello

La Asamblea General podrá encomendarle cualquier otra función.

CAPITULO CUARTO. RÉGIMEN ECONÓMICO Y PATRIMONIAL.

Art. 14: Recursos económicos.

Son recursos económicos del partido:

a) Las cuotas y aportaciones de sus miembros.

b) Los productos de las actividades propias del partido político y los rendimientos procedentes de la gestión de su propio patrimonio, los beneficios procedentes de sus actividades promocionales, y los que puedan obtenerse de los servicios que puedan prestar en relación con sus fines específicos.

c) Las donaciones en dinero o en especie, que perciban en los términos y condiciones previstos en la Ley Orgánica 8/2007, de 4 de julio, sobre financiación de los partidos políticos.

d) Los fondos procedentes de los préstamos o créditos que, en su caso, se concierten.

e) Las herencias o legados.

Art. 15: Patrimonio.

Manifesto Miñor carece de patrimonio fundacional, con excepción de la web propia y de los derechos asociados a su denominación.

Art. 16: Procedimiento de rendición de cuentas. Administración, fiscalización y control.

1.- La administración, fiscalización y control de su régimen económico y patrimonial se realizará con arreglo a las siguientes normas:

a) La duración del ejercicio económico es el año natural.

b) Compete a la Asamblea General la aprobación del Presupuesto y la Cuentas del partido.

c) Compete a la/as persona/s que ejerza/n la representación legal, la ejecución de la gestión económico-financiera del partido, pudiendo delegar o compartir dicha función con otras personas, por acuerdo al efecto de la Asamblea General.

d) A los efectos de transparencia y control interno que garantice la adecuada intervención, contabilizadora de todos los actos y documentos de los que se deriven derechos y obligaciones de contenido económico, se publicará en la web del partido información actualizada (con periodicidad mínima trimestral) de la gestión y situación económica-contable del partido. Cualquier persona tendrá acceso a dichas cuentas, con las únicas salvedades dispuestas por la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de Protección de Datos de Carácter Personal.

Art. 17: Régimen documental. Obligaciones contables.

1.- El partido llevará, además del Libro de Afiliadas/os, los Libros de Actas, de Contabilidad, de Tesorería, y de Inventarios y Balances, que permitan en todo momento conocer su situación financiera.

2.- La contabilidad se adecuará a los principios y normas de contabilidad precisados en la Resolución de 8 de octubre de 2013, de la Presidencia del Tribunal de Cuentas, por la que se publica el Acuerdo del Pleno de 26 de septiembre de 2013, de aprobación del Plan de Contabilidad Adaptado a las Formaciones Políticas, o norma que la substituya.

CAPÍTULO QUINTO. DISOLUCIÓN DEL PARTIDO.

Art. 18: Disolución.

1.- El partido se disolverá o extinguirá por acuerdo de la Asamblea General, por mayoría de 4/5 de la afiliación, en Asamblea convocada al efecto y con dicho único asunto en el orden del día.

2.- El patrimonio resultante en el momento de la disolución, una vez satisfechas las obligaciones financieras que existieren, se destinará a asociaciones de carácter benéfico o social o a lo que se acuerde expresamente en el acuerdo de disolución.

DISPOSICIONES ADICIONALES

Primera.- Reforma de los Estatutos.

1.- La modificación de los presentes Estatutos será competencia de la Asamblea General, con excepción de lo relativo a los arts. 1 al 3, cuya competencia queda atribuida al Congreso.

2.- Los acuerdos de modificación estatutaria requieren mayoría de 2/3 para su aprobación.

Segunda.- Código ético.

La Asamblea General, en el plazo máximo de tres meses desde la inscripción del partido, aprobará un Código ético, en base a los siguientes principios básicos:

1.- Toda persona militante que asuma funciones de representación del partido, o forme parte de una candidatura electoral u ostente un cargo institucional, deberá suscribir un documento en el que se compromete a:

a) Cumplir con los principios, fines, objetivos y acuerdos del partido.

b) Someterse a mandato de revocabilidad.

c) Dar cuenta de su actuación ante la Asamblea General.

d) En su caso, cumplir con la carta financiera.

Tercera.- Carta financiera.

La Asamblea General, en el plazo máximo de tres meses desde la inscripción del partido, aprobará una Carta financiera, de aplicación a la afiliación que ostente cargos o puestos retribuidos representativos o de designación política, en ambos casos dependientes del partido, a los efectos de contribución financiera al mismo.

 

Xaneiro 12th, 2015

Etiquetas: ,