Encontros de Consumo Responsable

Consumo Responsable

Concelleiro participacion ciudadá e transparenciaGondomar inaugura, o sábado 11, o encontro de consumo responsábel de produtos locais, ecolóxicos.

Produtos de horta, sementes, elaborados de mesa, mel, cremas naturais, pan, queiso, artesanía… serán a oferta que os potenciáis compradores poden atopar.

Baixo o paraugas da denominación Encontros de Consumo Responsable, o Sábado día 11 de Febreiro, comezan na Praza da Alameda a presentación e venda de produtos locais ou agroecolóxicos.

Este encontro está organizado pola Asociación “O Toxo” de Gondomar e impulsado pola Concellaria de Comercio que dirise Xosé Antón Araúxo.

Teñen vocación de continuidade e de progresiva consolidación. Están programados quincenalmente para o segundo e cuarto sábado de cada mes. A hora de comezo estimada e as 10:30 na Praza da Alameda.

Cunha filosofía colaborativa presentan un carácter aberto a toda persoa que encaise nos principios ou estatutos plasmados na Asociación “O Toxo”, legalmente rexistrada. Por tanto, poderán participar e sumarse a este encontro, produtores locais en ecolóxico e agroecolóxico.

Recollendo a progresiva sensibilización social e crecente demanda de produtos saudables, ecolóxicos, Gondomar será a segunda localidade da Provincia en organizar encontros de Consumo Responsable, acompañando á cidade de Pontevedra. Os outros puntos pioneiros en Galicia, sitúanse en Compostela, Lugo, A Coruña e O Barbanza.

Este novo concepto de consumo e intercambio directo, sen intermediadores que adulteren produtos e prezos, quere propiciar o optimismo vital, o positivismo por iso programan actividades culturais diversas. Cada dia será unha diferente: musicas, teatro, maxia…

Concretamente este sábado teremos en Gondomar a César Lema presentando o seu libro, “Buenaventurada la ‘maleza’ porque ella te salvará la Cabeza. Plantas silvestres” e ao grupo de gaitas “Os Swaroskys“.

Gondomar, 6 de febreiro de 2017

0 concelleiro de comercio

Xosé Antón Araúxo Rodriguez

Febreiro 6th, 2017

Etiquetas: , ,

Deixar unha resposta