A Concellería de Comercio de Gondomar volverá a sacar a concurso os postos da Praza de Abastos

Praza de abastos Gondomar

SEGUNDO O INFORME DO SECRETARIO, O CONCELLO TEN QUE VOLVER A LICITAR OS POSTOS DA PRAZA DE ABASTOS DE GONDOMAR.

Unha vez coñecido o informe do Secretario Muncipal, no que se corrobora que o proceso era correcto e que non había razón legal para a suspensión do mesmo, a Concellaría de Comercio volverá  a poñer en marcha, agora por imperativo legal, o proceso de regularización dos postos da Praza de Abastos para rematar coa situación en precario dxs paraceirxs alí instaldxs. Asemade, procederase tamén a reanudar a licitación dos postos baleiros tan pronto se resolvan os recursos presentados. O Concello de Gondomar precisa poñer orde canto antes no seu mercado de abastos, como ferramenta imprescindible para dinamizar as relacións comerciais e de consumo dos seus veciños e tamén como unha peza clave na economía local.

Se non se tivese paralizado o procedemento, a día de hoxe estaría resolto un problema que Gondomar arrastra dende hai décadas. Hoxe, tanto xs actuais praceirxs, como xs novxs licitantes, estarían todos cubertos pola legalidade, terían seguridade xurídica nos seus negocios e estabilidade laboral. Queda así demostrado que non son posibles subterfuxios nin cambalaches que trampeen a lei como propuña o PP, contradicindo o seu propio regulamento, ni existen outras posibilidades como afirmaba o Alcalde nos medios de comunicación, por certo, despois da emisión do devandito informe asinado pola Secretaría Xeral do Concello o pasado 28 de xuño.

O Grupo Municipal de Manifesto Miñor, co ánimo de contribuir a unha maior clarificación neste asunto, conta cun estenso e fundamentado informe xurídico emitido polo profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña, Carlos Ayumerich Cano, que coincidindo no fundamental co da Secretaria Xeral do Concello, fai fincapé en que “ O único título válido para a ocupación legal dos postos do mercado municipal é a concesión demanial, outorgada a través dun procedemento público, aberto e competitivo.. E que esta regularización ten, como data límite, o 8 de marzo de 2018, día en que se cumpre o prazo de cinco anos fixado.”

É vontade da Concellería de Comercio volver a licitar canto antes os postos da Praza de Abastos, tan pronto se resolvan os recursos das persoas que se presentaron á licitación, seguindo o mandato imperativo da Lei, e que recollen os informes xurídicos citados. Isto é: a través dunha concesión, despois dun concurso público, libre e en igualdade de condicióans para todxs xs licitantes.

Documentación complementaria:

Gondomar, 13 de xullo de 2017

O concelleiro de turismo e comercio

Xosé Antón Araúxo Rodríguez

Xullo 14th, 2017

Etiquetas: , ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *