Así foi a III Asemblea Aberta do Manifesto Miñor

III Asemblea Aberta Manifesto Val Miñor

Na asemblea de hoxe, refrendouse, por consenso, todos os puntos levados na orde do día. Crece a colaboración e podemos ir traballando con un pouco máis de folgos as varias frentes de traballo abertas para a semana que entra.

Entre elas, o Grupo de Traballo de metodoloxías irá deseñando algún plan de participación máis direta para que todo o mundo poida participar neste proceso.

O Grupo de Traballo de Coordinación foi validado pola asemblea para facer as portavocías e achegará o noso proceso a través de encontros e reunións con movementos, asociacións e con outras estruturas políticas con moita máis capacidade e soportada polo Código Ético e o Proceso de Primarias abertas que se refrendaron hoxe.

Ademais, creouse o Grupo de Traballo de Finanzas e Asesoramento Legal, que van levar a administración, información e comunicación consultoría de cada implicación financieira e xurídica.

Tamén se conformou o grupo do Comité electoral para as primarias abertas a tódolos cidadans que se queiran presentar libremente dentro deste código ético para entrar nas administracións locais en cada un dos seus concellos.

O Grupo de Traballo de Comunicación que ten que acompañar este proceso está precisando máis persoas para traballo de comunicación entre grupos e tamén nas redes sociais e deseño.

Imos que imos! Construindo de fato a democracia participa por primeira vez no ‪#‎ValMiñor‬.

Ven facer xunto. Escribe ao mail manifesto@minhor.gal ou achégate ás reunións dos Grupos de Traballo. que temos durante toda a semana. Son abertos e ti fas falta.

Deixámosvos para que podais ver o transcurso da asemblea en streaming.
Marzo 1st, 2015

Etiquetas: , , ,