Asamblea Aberta 13 decembro 2014

Manifesto Miñor

A mediados de xullo botou a andar o MANIFESTO MIÑOR, e dende aquela, sumáronse ao mesmo de diferentes maneiras ao redor de 300 persoas.

Durante estes pasados meses realizouse unha consulta telemática na que os asinantes decidiron iniciar conversas con formacións políticas, movementos sociais e veciñais, e inciativas similares que se están a formar noutros concellos, co fin de configurar candidaturas veciñais para a rexenración democrática nos tres concellos do Val Miñor.

Continuando co proceso de conformación desta candidatura de unidade , convocamos aos veciños e veciñas do Val Miñor a unha Asemblea Aberta, que terá lugar no Hotel Miramar este SÁBADO 13 de DECEMBRO 20:00h.

A situación de crise social e política provocada por una crise económica de dimensións nunca vistas, está afogándonos e levando por diante as  ilusións e o futuro de moit@s dos nos@s veciñ@s. 

Dende o MANIFESTO MIÑOR pensamos que XA ABONDA, e que dende os concellos podemos axudar a criar as bases para mudar esta situación. É a hora do compromiso e de procurar a unión da xente en base ás ideas e aos principios deixando as siglas nun segundo plano.

So deste xeito poderemos conseguir os apoios necesarios para que os nosos concellos estean ao servizo da veciñanza do Val Miñor e das maiorías sociais,  e non duns poucos, con gobernos honestos e eficaces na xestión dos recursos públicos.

Queremos defender dende as instancias municipais aos sectores máis agredidos polas políticas de recortes e eliminación de nas prestacións sociais, sanidade, ensino, cultura, lingua.…

Este sábado constituiremos os grupos de traballo para buscar as persoas capaces, honestas, e limpas que consigan artellar a estructura dunha opción veciñal cara as próximas municipais.

Decembro 6th, 2014