A Feira dos Sábados de Gondomar.

En Gondomar Mercado dos Sabados

O 6 de maio comeza a feira dos Sábados de Gondomar.

Logo dun laborioso proceso que se dilata desde hai máis de catro meses, O concello de Gondomar anuncia que o último luns de abril acaba o ciclo de mercadiños que ata agora se celebraba os luns.

A nova etapa comeza o primeiro sábado de maio, día 6.

A loxística necesaria xa está estudada, co marcado e sinalizado dos novos postos, coa habilitación dun dispositivo e normativa para a recollida do lixo xerado, etc.

Os técnicos de Polícia Local teñen establecido un dispositivo de sinalización e de estacionamentos potenciais que se habilitarán nas zonas dos institutos e pavillón.

Todos estaremos atentos ao funcionamento nos primeiras xornadas sabatinas para comprobar o funcionamento dos dispositivos propostos, e para responder as demandas que a nova situación requira.

O principal obxectivo deste cambio de data semanal, é revitalizar as trasaccións econòmicas no concello entre os seus propopios habitantes, servir de reclamo para a chegada de novos visitantes ou dar servicios na vila a persoas que non teñen hábito de acudir a Gondomar.

Desde a Concellería de Comercio estamos moi preocupados pola fráxil situación na que se atopa o comercio e hostalería local. Pensamos que esta pode ser unha das medidas que revitalice o noso tecido económico terciario.

Pero, ao tempo, dende a Concellería de Comercio e Turismo, estamos a promover reunións con comerciantes e hosteleiros para informar doutros proxectos e iniciativas da Concellería que poidan vigorizar o sector, para conversar sobre a súa conveniencia ou urxencia, para pulsar as súas inquedanzas, para escoitar outras propostas que nos poidan trasladar.

Ambas reunións terán lugar no Centro Neural de Gondomar o Xoves día 20. As 17,30 cos hosteleiros e as 20,45 cos comerciantes.

Gondomar, 18 abril de 2017

O concelleiro de comercio

Xosé Antón Araúxo Rodríguez

Abril 21, 2017

Etiquetas: ,