Peche da escola de educación infantil de Moreira-Mañufe (moción)

Concelleiro Urbanismo

SR. ALCALDE -PRESIDENTE DO CONCELLO DE GONDOMAR.

Antonio Araújo Quintas, veciño de Gondomar con domicilio na Avda. do Conde n“21, e DI n°36.032.724G, na súa condición de concelleiro membro do grupo municipal de Manifesto Miñor, presenta ao Pleno para o seu debate e, aprobación se procede, a seguinte MOCION URXENCIA :

PECHE DA ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL DE MOREIRA-MAÑUFE.

As escolas infantís ubicadas nas diferentes parroquias de Gondomar veñen cumprindo dende hai moitos anos unha función educativa, pedagógica e social dun valor e dunha calidade incuestionables e fóra de toda dúbida. É precisamente esa ubicación no medio e na contorma máis próxima aos nenos e nenas a que lle dá um caracter de escola rural de grande calidade e doada adaptación á mesma do alumnado máis novo.

Desgrazadamente, a baixa natalidade e o despoboarnento do rural galego, entre outras razóns polas poucas axudas de todo tipo para fixar poboación nas zonas ruais do País, os recortes no ensino público, e por conseguinte as poucas facilidades á hora de escolarizar aos nosas fillas e fillos máis pequenos, trouxo como consecuencia nos últimos anos o peche de varias escolas infantís no rural de Gondomar pola falla de alumnado.

Agora a Consellería de Educación vén de lle anunciar ás nais e país da Escola Infantil de Moreira-Mañufe, o peche da mesma por ter unha previsión de matricula para o curso 2016-2017 de só cinco nenos e nenas.

Como queira que estamos falando dunha previsión de matricula que pode aumentar tanto para o curso que ven como para os seguintes, e como tamén sabemos pola experiencia que unha vez pechada a escola xa non se volverá abrir, e sobre todo, porque unha escola con cinco alumnos é viable pedagoxicamente ……… por non falar dos trastornos para as nais e os pais e o alumnado que estarían perdendo un ensino de moitísima calidade e integrado no seu medio ……… é polo que PROPOÑO :

O Pleno da Corporación Municipal de Gondolnar, acorda dirixirse á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para lle instar a que renuncie ao peche anunciado e manteña aberta a Escola Infantil de Moreira-Mañufe.

En Gondomar, a 5 de Abril de 2016.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas

Abril 5th, 2016

Etiquetas: ,